A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada 2020” e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2007 e 2012.
Este programa ofrece a posibilidade de que as nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:
1ª – Do 21 de xuño ao 27 de xuño.
2ª – Do 28 de xuño ao 4 de xullo.
3ª – Do 5 de xullo ao 11 de xullo.
4ª – Do 12 de xullo ao 18 de xullo.
5ª – Do 19 de xullo ao 25 de xullo.
6ª – Do 26 de xullo ao 1 de agosto.
7ª – Do 2 de agosto ao 8 de agosto.
8ª – Do 9 de agosto ao 15 de agosto.
9ª – Do 16 de agosto ao 22 de agosto.
10ª – Do 23 de agosto ao 29 de agosto.
11 – Do 30 de agosto ao 5 de setembro.
O prezo desta actividade é de 100 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 10 prazas, das cales 4 son de inclusión.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 25 de marzo.
Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:
https://www.depo.gal/web/edepo/depo-aventura
Para aclarar dúbidas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal.