Unha vez máis, arranca o programa de avellentamento activo “O Espertador” no concello de Rodeiro para os maiores e persoas con diversidade funcional, co fin de favorecer a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.
O programa poñerase en marcha o vindeiro luns 9 de marzo e os obradoiros, totalmente gratuítos, levaranse a cabo nas casas escolas parroquiais unha vez por semana. Inicialmente, comezarase naquelas parroquias nas que existe demanda.
A día de hoxe San Salvador, Santa Baia, Álceme e Rodeiro poderán desfrutar de martes a venres respectivamente, en horario de 11.00h a 13.00h, e Asperelo os luns de 10.00h a 12.00h de actividades de xerontoximnasia, estimulación cognitiva e destrezas manuais. Non obstante; valorarase a posibilidade de trasladarse a calquera outra parroquia na que se constate demanda.
O programa finalizará a finais de ano e a inscrición permanecerá aberta ata o cese da actividade.