Skip to main content
Novas

Campamentos polideportivos 2020 “Príncipe Felipe”

By 5 Marzo, 2020No Comments

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, que favorecerá á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, organiza un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de saídas ao medio natural, deportes de equipo, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros. Ofértanse 300 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os anos 2006 e 2013, ambos incluídos.

As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:

1ª – Do 6 de xullo ao 11 de xullo.

2ª – Do 13 de xullo ao 18 de xullo.

3ª – Do 20 de xullo ao 25 de xullo.

4ª – Do 03 de agosto ao 08 de agosto.

5ª – Do 10 de agosto ao 15 de agosto.

6ª – Do 17 de agosto ao 22 de agosto.

O prezo desta actividade é de 125 € por neno/a, con descontos para familias numerosas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 17 de marzo.

Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:

https://www.depo.gal/web/edepo/campamentos-polideportivos

Para aclarar dúbidas e realizar a solicitude poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar municipal.