Skip to main content
Novas

Declaración institucional en conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

By 5 Marzo, 2021No Comments

Dende o Concello de Rodeiro queremos aproveitar esta data para recordar o papel fundamental que desenvolveron e desenvolven as mulleres na nosa sociedade, e especialmente no noso concello, tanto a nivel laboral, como familiar e social. Papel que se volveu máis fundamental se cabe nestes tempos de loita conta a pandemia.
Esta data creouse a nivel internacional coma un día de reivindicación de dereitos fundamentais básicos para a muller a nivel laboral e de participación cidadá nos primeiros anos do Século XX. Hoxe en día, converteuse nunha data clave a nivel mundial para reflexionar sobre os avances acadados, pero tamén para seguir esixindo cambios, loitando polos mesmos e recoñecendo o gran labor realizado por moitas mulleres descoñecidas que foron creando a historia dos dereitos da muller.
A pesares dos avances acadados a nivel de dereitos, é preciso recoñecer que hai moitos aspectos nos cales debemos seguir traballando coma a erradicación da violencia de xénero, a conciliación da vida familiar e laboral ou a igualdade real de oportunidades en tódolos ámbitos laborais.
Por todo isto, manifestamos o noso compromiso a seguir traballando en políticas e medidas a favor da igualdade entre homes e mulleres tal e como se recolle no actual Plan de Igualdade Municipal e a nosa colaboración para acadar unha verdadeira igualdade en todos os ámbitos da vida e os 365 días do ano.