Skip to main content
Novas

Información pública da instalación do parque eólico “Serra do Faro, ampliación II”

By 3 Marzo, 2021No Comments

Faise público que por Resolución do 5 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, se someten a información pública, por espazo de trinta días, a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións do parque eólico Serra do Faro, ampliación II, situado nos concellos de Rodeiro, Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense), promovido por Pena da Costa Eólica, S.L. (expediente IN408A 2020/17).

Constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

  • Proxecto de execución.
  • Estudo do impacto ambiental
  • Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Durante dito prazo os interesados poderán consultar a documentación na Casa do Concello, en horario de oficina, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen pertinentes no rexistro municipal.

A resolución e a documentación indicadas están dispoñibles no seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0036.html

DOGA num 34. Anuncios. Resolución do 5 febteiro 2021 da Dirección Xeral de Planificaión Enerxética e Recusos Naturais  (pdf)