Comezouse en novembro de 2009.
En agosto de 2009 ponse en marcha 1ª oportunidade, unha actividade que tiña como finalidade orientar a aquelas persoas de entre 16 e 24 anos que abandonaran os estudos, sobre as diferentes vías para obter o título de ESO ou de voltar ó sistema educativo.
Nesta actividade quedou patente a necesidade de organizar este curso por 1ª vez no Concello de Rodeiro.
Ás probas extraordinarias do ano 2010 de xuño e setembro presentáronse u total de 13 persoas de entre 18 e 22 anos.
Do total, 5 obtiveron o título e 4 aprobaron algún ámbito de coñecemento.
En outubro de 2010 ponse en marcha de novo este curso para preparar as probas de 2011.
As clases son nocturnas, en base a dispoñibilidade horaria dos asistentes, e gratuitas.
Para máis información: educadora@rodeiro.gal