Na mayoría dos casos os/as gandeiros/as necesitan licenza de obra para iniciar as actuacións para mellorar as condicións de vida e de traballo. Ditas licenzas de obra, para os expedientes tramitados pola administración da consellería de Medio Rural, teñen unha limitación importante que é a de estar en posesión dela antes do 30 de setembro deste ano, feito que en certos casos é moi difícil de conseguir, pois uns están pendentes de informes de Medio Ambiente e outros de Urbanismo, retraso que non é imputable ao propio agricultor.
Con tal motivo, o Concello pídelle ao conselleiro do Medio Rural que prorrogue ata final de ano o periodo máximo para presentar as licenzas a aquelas explotación que deban presentala antes do 30 do mes de setembro.