Na tarde do día de hoxe 1 de xullo (martes) iniciarase a tempada de baño na piscina municipal de Rodeiro. O horario habitual de apertura das instalacións será de 12:00 a 14:00 horas da mañá e de 15:30 a 20:30 horas da tarde. Os luns e as mañás dos martes non se abrirá ao público por descanso do persoal.
Con motivo da apertura anual das piscinas establécense como xornadas de portas abertas os días 1, 2 e 3 de xullo (martes, mércores e xoves), na que todos os usuarios poderán gozar das instalacións de xeito gratuíto sen abonar a correspondente taxa.
A partires do día 4 de xullo (venres) procederase ao cobro da taxa correspondente, unicamente aos maiores de quince anos segundo a ordenanza en vigor. Para máis información sobre a forma de adquisición das entradas e bonos poden consultar o documento anexo.