O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 24 de abril de 2009, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte :
1. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
2. Adhesión do Concello ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos(RAEE).
3. Adhesión do Concello ao convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación española de empresas de recollida, tratamento de aceites e grasas (A.E.R.T.A.) para a implantación dun sistema de recollida selectiva de aceite vexetal.
4. Acordo sobre a concesión de autorización a persoal laboral do Concello para a compatibilidade co exercicio de actividades privadas.
5. Rogos e preguntas.