Skip to main content
Novas

O Boletín Oficial da Provincia publica no día de hoxe o documento que contén a normativa e ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

By 24 Abril, 2009No Comments

No BOP núm. 77, correspondente ao día 24 de abril do corrente, aparece inserto un Edicto do Concello polo que se publica a normativa e ordenanzas do PXOM de Rodeiro. Con cumprimento deste requisito, esixido polo artigo 92 da LOUG, dáse por rematado o procedemento de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, entrando plenamente en vigor a partires do día 25 de abril, día seguinte ao da súa derradeira publicación.

Xa se atopa a disposición dos veciños e interesados o documento completo para a súa consulta e descarga na presente páxina web.

Leave a Reply