O Sábado 16 de Maio ás 16:30 terá lugar a ruta en bicicleta “Beiras do Asneiro”.
A ruta terá un percorrido de 20 Km. de dificultade media.
Dará comezo en Lalín e pasará por Maceira, Ponte Noufe, Os Muiños, Vilanova, A Canda, Moneixs, Os Olmos e rematará en Lalín.
É obrigatorio o uso do casco e deberase notificar a idade do participante.
Todos aqueles que queiran participar deberán acudir á Casa da Cultura, chamar ao 986.79.03.01 ou no mail cultura@rodeiro.gal