A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión realizada o día 19 de febreiro de 2020, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión laboral temporal dunha (1) praza de condutor do camión do servizo de recollida de residuos.
Os interesados/as en participar na selección deberán presentar a instancia, no modelo oficial que se contén no anexo, así como toda a documentación esixida nas Bases, tanto a preceptiva como, no seu caso, a susceptible de ser valorada como mérito, con data límite do día 11 de maio de 2021 (incluído).