Convocatoria de axudas para o transporte de alumnado 2019-2020

Por 9 Xuño, 2020 Novas

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 09.06.2020,  publicouse a convocatoria para o curso lectivo 2019-2020 das axudas reguladas pola Ordenanza para a concesión de axudas para o transporte do alumnado do Concello que cursa estudos fóra do termo municipal.

Obxecto e finalidade.- Facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar ás familias polos gastos que teñen que afrontar no desprazamento dos estudantes fóra do termo municipal.
Estas axudas financiaranse con cargo á partida orzamentaria 320/480, co límite de 14.000,00 €.
Destinatarios.- Os alumnos que estean cursando estudos oficiais de Bacharelato ou Formación Profesional en centros públicos que estean situados en concellos lindeiros ao de Rodeiro e cumpran cos requisitos establecidos na Ordenanza reguladora.
Solicitude e documentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín  Oficial da Provincia. Para elo deberase empregar o modelo oficial dispoñible na páxina web do Concello -www.rodeiro.org- e achegar a documentación que se sinala na ordenanza reguladora.
Contía.- Determinarase en función do lugar de residencia do beneficiario de acordo co disposto na ordenanza. No caso de que o número de solicitudes admitidas superen o importe da partida orzamentaria, estes reduciranse de xeito lineal e proporcional ata axustalas ao crédito dispoñible.

Prazo.- ata o 29 de xuño, incluído.En todo o non previsto nesta convocatoria respectarase o disposto na ordenanza reguladora, publicada no BOP núm. 244, do 18 decembro de 2015, coa modificación publicada no BOP núm. 93, do 16.05.2017 e, de xeito supletorio na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Modelo de solitude 2019_2020 (pdf)

Anuncio BOP

Ordenanza reguladora (pdf)

Modificación ordenanza (pdf)