Skip to main content
Novas

Axudas para o financiamento extraordinario, con ocasión da declaración do estado de alarma, para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitantes para o ano 2020

By 16 Xuño, 2020Febreiro 25th, 2021No Comments

A Deputación de Pontevedra concedeu en abril de 2020 ao Concello de Rodeiro unha axuda de 27.256,15 € para facer fronte ás demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación de risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade, solicitada a través da convocatoria de axudas para o financiamiento extraordinario, con ocasión do estado de alarma, para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitantes para o ano 2020 (BOPPO Nº 57 do 24 de marzo de 2020).
O obxectivo de ditas axudas é o de proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poder atender as demandas de urxente e puntual necesidade da cidadanía do concello que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo, persoas maiores que viven soas, ademais de dar resposta a situacións de grave emerxencia derivadas da declaración do estado de alarma ante a crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.