O Sr. alcalde en funcións asinou no día de hoxe a convocatoria da solemne sesión constitutiva da nova Corporación resultante das Eleccións Locais celebradas o pasado día 26 de maio do corrente, para o mandato 2019-2023, que se celebrará o vindeiro sábado día 15 de xuño, ás 11:00 horas da mañá, no Salón de Sesións da Casa do Concello.
Na dita sesión tomarán posesión dos seus cargos os Sres./as. concelleiros/as electos/as e seguidamente procederase á votación para a elección do alcalde.
A sesión é pública e a ela están convidados todos os veciños e persoas que desexen asistir como público, coa única limitación do aforo do Salón.