Usuarios/as: serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo.
Prezos: O custo de cada praza será de 90 € ao mes por neno/a en xornada completa e 50 € se acode en xornada parcial de mañá ou de tarde.
Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada):
- Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas municipais e dispoñible na web municipal).
- D.N.I./N.I.E. do/a solicitante.
- Libro de Familia.
- Xustificación dos ingresos percibidos por tódolos membros da unidade familiar no ano 2018: Declaracións de IRPF e no caso de non tela presentada deberase achegar certificación negativa e de rendementos imputables expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- Certificado de convivencia.
- Outros documentos se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables para a baremación: familia numerosa, situación de desemprego, etc.
Para máis información e trámite de solicitudes, achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (Servizo de Educación Familiar- Ana).
O prazo para a presentación de solicitudes e documentación necesaria estará aberto dende o vindeiro 18 de xuño ata o día 5 de xullo de 2019 (ambos inclusive).
Adxudicación de prazas: o número de prazas ofertadas é de 19 en cada quenda, sendo adxudicadas en función da maior puntuación acadada no proceso de baremación. En caso de empate na puntuación, priorizarase que ambos proxenitores traballen e en 2º lugar a menor renda per cápita da unidade familiar. De existir maior demanda de solicitudes que prazas nalgunha das quendas, os/as solicitantes quedarán en lista de espera.