Skip to main content
Novas

Convocatoria de axudas para o transporte do alumnado 2018-2019

By 10 Xuño, 2019Agosto 7th, 2019No Comments

No Boletín Oficial da Provincia do día 31.05.2019,  publicouse a convocatoria para o curso lectivo 2018-2019 das axudas reguladas pola Ordenanza para a concesión de axudas para o transporte do alumnado do Concello que cursa estudos fóra do termo municipal.

Obxecto e finalidade.- Facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar ás familias polos gastos que teñen que afrontar no desprazamento dos estudantes fóra do termo municipal. Estas axudas financiaranse con cargo á partida orzamentaria 320/480, co límite de 14.000,00 €.
Destinatarios.- Os alumnos que estean cursando estudos oficiais de Bacharelato ou Formación Profesional en centros públicos que estean situados en concellos lindeiros ao de Rodeiro e cumpran cos requisitos establecidos na Ordenanza reguladora.
Solicitude e documentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Para elo deberase empregar o modelo oficial dispoñible na páxina web do Concello -www.rodeiro.org- e achegar a documentación que se sinala na ordenanza reguladora.
Contía.- Determinarase en función do lugar de residencia do beneficiario de acordo co disposto na ordenanza. No caso de que o número de solicitudes admitidas superen o importe da partida orzamentaria, estes reduciranse de xeito lineal e proporcional ata axustalas ao crédito dispoñible.
Prazo.- ata o 20 de xuño, incluído.

En todo o non previsto nesta convocatoria respectarase o disposto na ordenanza reguladora, publicada no BOP núm. 244, do 18 de decembro de 2015, coa modificación publicada no BOP núm. 93 do 16.05.2017; e de xeito supletorio na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Anuncio BOP 31 MAI (pdf)

Modificacion ordenanza_16052017 (pdf)

Ordenanza transporte Rodeiro (pdf)

Solicitude transporte 2018_19 (pdf)