O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión especial organizativa do Pleno do Concello (artigo 38 do ROF) que se celebrará o vindeiro martes día 7 de xullo de 2015, ás 10:00 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte:
Orde do Día
1º.- Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno do Concello.
2º.- Coñecemento da constitución dos grupos políticos municipais e da designación dos seus voceiros.
3º.- Creación e composición das Comisións informativas permanentes.
4º.- Nomeamento de representantes do Concello en órganos colexiados de competencia do Pleno.
5º.- Delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local.
6º.- Coñecemento das Resolucións da Alcaldía de nomeamento de tenentes de alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións.