No Concello de Rodeiro púxose esta semana de novo en marcha o curso de preparación para os exames libres de cara a obter o título de ESO, que se celebrarán o vindeiro 9 de setembro.
Esta aula de traballo está especialmente dirixida a aqueles mozos e mozas maiores de 18 anos que abandonasen os estudos sen ter o graduado en ESO e queren retomalos ou completar a formación básica.
Na actualidade contamos con 5 matriculados/as e aínda cabe a posibilidade de incorporarse algunha persoa máis, especialmente se ten que preparar soamente algún ámbito da proba, dado que so restan dous meses ata a celebración dos exames. O prazo para matricularse nas probas de setembro remata o vindeiro día 10 de xullo.
A metodoloxía baséase nos principios da educación de adultos, partindo dos coñecementos previos de cada participante e con un sistema semipresencial. Establécense clases 2 días á semana: martes e xoves en horario de 20:00 h. a 22:00 h. O lugar de celebración é o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.
Dende o comezo do programa o total de matriculados/as en 1ª oportunidade para realizar a formación ascende a 53 persoas, das cales 44 chegaron a presentarse ás probas nalgunha ocasión. Destas, un 68%, aproximadamente, obtiveron a titulación en ESO ou o acceso a ciclo medio que lles permitiu continuar os seus estudos.
Para máis información contactar co Servizo de Educación Familiar. Tfno: 986790185,
e-mail: educadora@rodeiro.gal