Skip to main content
Novas

Entrega no Concello dos alimentos e material escolar doados polos veciños durante o partido de fútbol benéfico entre os equipos Cogal Rodeiro C.F. e Rodeiro Lendas

By 6 Xullo, 2015No Comments

Esta mañá, Ovidio Areán e Alberte Lamazares, presidentes respectivamente das Asociacións “Tamburello Rodeiro” e “Mocidade Kambota”, fixeron entrega na Casa do Concello á concelleira-delegada de servizos sociais Belén Calvo, en presenza do traballador social Carlos Lamazares e da educadora familiar Ana Belén Rodríguez, os aproximadamente 500 quilos de alimentos e material escolar doados polos veciños durante o partido de fútbol benéfico entre os equipos Cogal Rodeiro C.F. e Rodeiro Lendas que tivo lugar o pasado sábado día 4 de xullo por iniciativa de ditas Asociacións.

Todo o doado será repartido entre unidades familiares necesitadas do Concello baixo o criterio técnico e supervisión dos servizos sociais municipais.

O Concello quere amosar o seu agradecemento aos promotores de dita iniciativa, así como a todos os veciños que realizaron a súas doazóns, por esta importante mostra de solidariedade en beneficio das familias economicamente máis desfavorecidas do noso municipio.