No Boletín Oficial do Estado núm. 232, correspondente ao día 27 de setembro do corrente, publícase o Real Decreto 1329/2011, do 26 de setembro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións. As eleccións a ambas cámaras celebraranse o domingo día 20 de novembro de 2011. Á provincia de Pontevedra correspóndelle a elección de sete deputados e catro senadores.