O Concello de Rodeiro organiza unha xornada de contacontos para todos os públicos. Tusitala contacontos faranos viaxar ao mundo dos contos no auditorio do Centro Cultural Municipal de Rodeiro o día 14 de setembro ás 11:00 horas, dentro do programa Camiños de Cultura, programa promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo a través do AGADIC e o Concello de Rodeiro.
Tusitala contacontos representará o seu espectáculo “Contos dos sete mares”, no que achega aos nenos e nenas o mundo das historias grazas aos piratas. Unha rapaza experta lectora se atopa cun vello capitán. Ambos terán que unir forzas e apoiarse nos espectadores para atopar un tesouro (que non é outro que uns libros e uns doblóns de chocolate).
Para máis información, dirixirse á Biblioteca Municipal de Rodeiro (Tfno. 986.79.03.01) ou no enderezo biblioteca@rodeiro.gal