Entre os días 3 e 10 de outubro de 2011, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 20 de novembro de 2011.
Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello e deberase achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).
Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello, aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses e aos que non reciban a tarxeta censual) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan votar nas eleccións do día 20 de novembro.