Skip to main content
Novas

Programa de apertura do CPI fóra de horario lectivo

By 4 Outubro, 2011No Comments

As actividades de carácter extraescolar dependentes do Concello de Rodeiro desenvolveranse de luns a venres en días lectivos, en horario de 16:30 horas a 20:30 horas de luns a xoves e os venres de 14:00 h. a 20:30 horas, dentro das instalacións do centro educativo.
Programáronse gran variedade de actividades tanto para os rapaces e rapazas de infantil e primaria, coma tamén actividades dirixidas en exclusiva para os adolescentes de 12 a 16 anos. Desenvolveranse accións de estudo e reforzo educativo, predeporte para os máis pequenos/as e fútbol- sala e baloncesto para os de maior idade, podendo traballar outro deporte se a demanda así o require.
Tamén se abordarán as novas tecnoloxías relacionadas coa educación, traballarase animación á lectura e habilidades sociais.
Ademais, os venres de 14:00 a 16: 00 horas está programado o “Campus Deportivo”, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, no que a través do deporte se traballará a cohesión grupal e habilidades sociais básicas.
Ata a vindeira semana está aberto o prazo de matrícula, podendo o asistente participar en todas as actividades de cada xornada ou só matricularse naquelas accións concretas que sexan do seu interese.
Para máis información acudir ao servizo de educación familiar do concello: tfno 986790185, e-mail educadora@rodeiro.gal.

Leave a Reply