Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 20 de decembro de 2015

By 30 Outubro, 2015No Comments

Entre os días 2 e 9 de novembro do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 20 de decembro de 2015.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 20 de decembro.

Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace http://generales2015.interior.es/.