Skip to main content
Novas

1ª Oportunidade. Curso de preparación das probas libres de ESO

By 6 Novembro, 2015No Comments

Dende o vindeiro luns día 9 ata o 20 de novembro ábrese o prazo de matrícula para o curso de preparación para os exames libres de cara a obter o título de ESO, que se celebrarán previsiblemente nos meses de maio e setembro de 2016.

Esta aula de traballo está especialmente dirixida a aqueles mozos e mozas maiores de 18 anos, ou que os cumpran o vindeiro ano, que abandonasen os estudos sen ter o graduado en ESO e queren retomalos ou completar a formación básica.

Así mesmo, tamén está dirixido a aquelas persoas que desexen acceder a un ciclo formativo de grao medio a través da realización da proba de acceso.

A metodoloxía baséase nos principios da educación de adultos, partindo dos coñecementos previos de cada participante e con un sistema semipresencial. Establécense clases 2 días á semana en horario por determinar en función das necesidades e posibilidades dos/as asistentes. O lugar de celebración será o Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.

Dende o comezo do programa o total de matriculados/as en 1ª oportunidade para realizar a formación ascende a 53 persoas, das cales 44 chegaron a presentarse ás probas nalgunha ocasión. Destas, un 70%, obtiveron a titulación en ESO ou o acceso a ciclo medio que lles permitiu continuar os seus estudos.

Así mesmo, dende 1ª Oportunidade tamén se ofrece asesoramento sobre as distintas vías de retorno ao sistema educativo, diferentes opción formativas, etc.

 

Para máis información contactar co Servizo de Educación Familiar. Tfno: 986790185,

e-mail: educadora@rodeiro.gal