Skip to main content
Novas

III Edicion de Rodeiro de Tapas

By 10 Abril, 2014No Comments

O pasado venres cerrouse o prazo de inscrición para que os hostaleiros de Rodeiro que o desexasen se apuntaran a edición do ano 2014 de Rodeiro de Tapas. Nesta edición vaise manter o formato dos anos anteriores de xeito que os locais ofrecerán as tapas presentadas ao concurso tres fins de semana alternos dos meses de abril e maio (17-20 de abril, 1-4 de maio e 17-18 de maio). A temática volverá a ser a da promoción dos productos locais e a caza, de xeito que os distintos sectores productivos se impliquen no desenvolvemento de iniciativas de interese para o pobo.
En total foron 7 establecementos os apuntados ao concurso que comezarán a servir as tapas o vindeiro xoves, día 17 de abril, na categoría de “promoción de produtos locais”:
Restaurante Casa Achacán: Adivina, adivinaza
Restaurante Casa Sánchez: Ovos ó prato
Os dous de sempre: Delicias de tenreira galega
Taberna Bruxas e Coruxas: Puleiro
Mesón O Guerra: Montadiño con ovo e verduriñas de Camba
Pub Gallaecia: Pemento recheo
O Pub: Ovos recheos

Leave a Reply