O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada abonado, o desconto aplicado é dun 25% até un 40% sobre a factura total. Esta porcentaxe, dependendo de diversas situacións máis como o risco de exclusión social, pode ser aínda maior. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga da devandita subvención como medida dentro do Plan de Actuación.
– Hai que ser titular da subministración eléctrica contratado na residencia habitual.
– Ter contratado o PVPC, é dicir, o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor.
– Ser considerado consumidor vulnerables ou vulnerable severo (familia numerosa ou monoparental, pensionista, vítima do terrorismo ou da violencia de xénero, un membro da unidade familiar con discapacidade igual ou maior ao 33%, etc).
– Non superar o consumo máximo de 345 kWh mensual e o 4.140 kWh anual.
Para máis información sobre esta axuda e outras:
– Bono social
– Bono social telefónico
– Bono social da auga