Por primeiro ano, o Concello de Rodeiro, a través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito do Nadal, de crear un ambiente festivo, de contar coa participación da cidadanía e, así, se favorecer as compras en todo o termo municipal presenta o Concurso de Decoración do Nadal “Rodeiro é ilusión” dirixido a todos os negocios, comunidades de montes, asociacións, comercios, empresas locais e familias que forman o noso municipio.
1. — Obxecto:
O obxectivo é intentar que os lugares do noso Concello se impregnen do espírito de Nadal coa colaboración de todos, cos seguintes fins:
• Dinamizar a participación activa dos/as cidadáns do Concello.
• Colaborar e infundir un ambiente de Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación.
• Contribuír ao aforro económico en torno a materiais de decoración do Nadal e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno de Nadal acolledor e ilusiónante.
• Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
• Sensibilizar do problema dos residuos e da importancia do reciclaxe.
2. — Participantes:
Establécense tres categorías de participantes:
a) Familiar\Individual.
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas maiores de idade con residencia no municipio de Rodeiro que realicen a decoración da fachada, balcóns ou outra zona exterior da súa vivenda.
b) Empresas, comercio e hostalería
Poderán participar os establecementos e empresas do concello que teñan escaparate ou fachada visible dende a vía pública e aqueles que ofrezan outro tipo de servizos como bares, restaurantes, cafeterías, asesorías, inmobiliarias, hoteis, pensións, estudios, etc., que dispoñan dun balcón, xanela, porta, fachada, ou calquera elemento exterior visible.
Os participantes responsabilizaranse do adecuado cumprimento destas bases e da realización dos trámites, permisos, medidas preventivas o de calquera índole que puideran ser precisas para a súa participación no concurso, eximindo ao Concello de calquera responsabilidade polo seu incumprimento ou omisión.
Todos os negocios que queiran participar deben estar abertos ao público e en posesión dos permisos administrativos correspondentes.
Para as modalidades individual/familiar e empresas, comercio e hostalaría non se require inscrición previa para a súa participación no concurso.
c) Decoración de espazos públicos.
Poderán participar as empresas locais e as asociacións e/ou agrupacións veciñais legalmente establecidas con sede en Rodeiro, que decoren unha praza ou espazo público do lugar e parroquia na que estean establecidas, agás o casco urbano do lugar de Rodeiro.
No casco urbano de Rodeiro os espazos públicos dispoñibles para a súa decoración serán unicamente os seguintes:
Palco da música.
Praza de Oseira (a zona a decorar será a delimitada)
Praza do Concello (a zona a decorar será a delimitada)
Muíño do parque do río Rodeiro
Parque do río Rodeiro (a zona a decorar será a delimitada)
Pola singularidade destes espazos, o Concello poderá subvencionar o custe dos materiais e elementos que se instalen, previa xustificación, ata unha cantidade máxima de 200,00 €, no suposto unicamente de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.
Para poder decorar calquera dos espazos de titularidade municipal hai que solicitalo previamente no Concello a través do Rexistro municipal da Casa do Concello ou na sede electrónica municipal, achegando á solicitude un documento coa proposta que se pretende executar.
Adxudicaranse os espazos por orde de inscrición, podendo ser excluída calquera proposta por non se axustar aos criterios e bases deste concurso.
Nas propostas decorativas admitidas poderán aparecer o nome dos patrocinadores a modo publicitario. No suposto de empresas, asociacións ou entidades que non carezan de ánimo de lucro, participarán asemade no concurso e poderán ser premiadas unicamente co diploma acreditativo, sen poder optar aos premios en metálico en forma de vales.
Excepcionalmente, o Concello poderá autorizar a participación nesta modalidade de empresas ou asociacións radicadas en concellos lindeiros que pola súa vinculación con Rodeiro, pola valía da proposta ofertada ou por outras circunstancias de interese público así o aconsellen.
3. — Entidade organizadora:
O Organismo encargado da valoración do concurso será o Concello de Rodeiro a través da Concellería de Cultura, onde se dirixirán aquelas posibles incidencias, comunicados, etc que se produzan durante a celebración de dito concurso a través do correo electrónico xuliadacal@rodeiro.gal.
4. — Materiais empregados:
Os materiais empregados para a decoración deberán ser na súa meirande parte material reciclado, así como materiais provenientes da natureza ou outro medio natural sempre que non se prexudique ou dane o medio ambiente.
Os participantes disporán de liberdade no estilo e técnica empregada na decoración da vivienda, negocio e espazo público.
Os elementos decorativos que se empreguen non poderán causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens e basearanse na reciclaxe, a ecoloxía e a creatividade.
5. — Condicións de participación:
A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos realizarase por cada un dos participantes.
A decoración presentada non poderá ser modificada, deberá ser visible dende a vía pública e non causar molestia aos veciños ou transeúntes nin obstruír o tráfico de vehículos ou persoas.
A decoración deberá ter relación co Nadal e os motivos tradicionais do mesmo, tendo os participantes plena liberdade en canto á técnica e estilo decorativo, quedando totalmente prohibida a utilización de velas, fachos, pirotecnia ou calquera outro elemento que puidera resultar perigoso.
A decoración deberá permanecer exposta como mínimo entre os días 20 de decembro do corrente e 7 de xaneiro de 2024, e contar as condicións precisas de conservación, coidado e seguridade durante todo o período de exposición.
As persoas ou entidades participantes nas categorías a) e b) realizarán fotografías do decorado. As fotografías deben ser en formato dixital e poderán ser en cor ou en branco e negro.
As fotografías deberán ser enviadas vía correo electrónico co asunto “concurso decoración de nadal”, á dirección xuliadacal@rodeiro.gal. Os participantes que non cumpran este requisito serán excluídos. No correo deberase indicar a categoría a que se presenta, os datos persoais e a dirección ou espazo a decorar.
Asemade, todas as fotografías das decoracións que se envíen deben contar con:
a) Título da fotografía relacionado coa temática. O título da fotografía debe ser unha mensaxe non ofensiva.
b) Nome e apelidos da persoa que a envía e no caso de negocio/empresa/asociación tamén a denominación social da mesma.
c) Número de teléfono de contacto.
d) Enderezo e localización dos emprazamentos para o acto de comprobación.
O prazo de admisión das fotografías rematará o día 23 de decembro.
A decoración deberá ser retirada polos participantes deixando a vía pública en perfecto estado de acondicionamento, limpeza e ornato.
Os participantes ceden o dereito das imaxes remitidas ao Concello de Rodeiro para a súa publicación en medios de comunicación, páxina web, redes sociais, para a realización dun álbum recordatorio, así como calquera outro soporte físico ou audiovisual co obxecto de publicidade corporativa.
6. — Prazos:
• Prazo para envío das fotografías: ata o día 23 de decembro de 2023.
• Prazo de exposición da decoración: ata o día 7 de xaneiro de 2024.
• Prazo para a valoración: Do día 1 ao día 3 de xaneiro de 2024.
• Prazo de resolución de premios: 4 de xaneiro de 2024.
• Prazo de entrega de premios: na data que se estableza a festa de Reis.
7. — Tema:
A decoración do Nadal das fachadas, balcóns, xanelas, escaparates, espazos públicos, etc., que sexan visibles dende a vía pública.
8. — Valoración:
Para a valoración das fotografías presentadas ao concurso, o xurado terá en conta os seguintes criterios:
a) Deseño.
b) Orixinalidade.
c) Cantidade e tipoloxía de materiais reciclables ou da natureza empregados.
d) Adecuación coa imaxe xeral do espazo onde estea instalada.
e) Entusiasmo polo Nadal.
Cada membro do xurado emitirá a súa valoración nunha acta de votación por categoría e o sistema de votación será o seguinte:
• Cada membro do xurado puntuará a decoración de 1 a 10 puntos por cada un dos criterios.
• A suma de todos os puntos , dará lugar aos/ás gañadores/as do concurso.
• No caso de empate, volverase a puntuar, pero nesta ocasión se puntuará do 1 ao 3, así sucesivamente ata que se consiga un claro gañador/a.
• En caso de empate, será designada a candidatura que más número de veces acadase a puntuación máxima (10 puntos). Se aínda así continuase o empate, a designación correspondería á quen acadase máis 9 e así sucesivamente.
• O fallo será inapelable, podendo declarar deserto o concurso.
• Formulado o fallo, e emitida a acta, a competencia para o outorgamento do premio corresponde a Concellería de Cultura ou órgano no que delegue.
• Os/as concursantes comprométense a aceptar a decisión do xurado.
• Os premios se establecerán en función da maior puntuación obtida.
• Unha vez emitido o fallo, o Concello contactará cos premiados/as (persoa individual ou representante do negocio ou asociación) para informarlles do resultado.
• A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
9. — O xurado:
O xurado estará formado polos seguintes integrantes:
PRESIDENTA: A concelleira-delegada de Cultura
VOGAIS: Tres (3) veciños/as ou naturais do Concello con coñecementos acreditados no eido das belas artes ou que exerzan profesións relacionadas co ámbito artístico, designados/as pola Xunta de Goberno Local.
SECRETARIO (con voz e sen voto): O administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”.
10. — Premios:
Os premios divídense por categoría da seguinte forma:
1º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
2º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
3º Categoría
• 1º Premio: 200,00 €
• 2º Premio: 150,00 €
• 3º Premio: 100,00 €
11. — Entrega dos premios:
Os premiados serán entregados o día de Reis na carpa municipal.
Os premiados recibirán o día do acto un diploma do Concello acreditativo do premio.
Os premios consistirán nun vale para gastar no comercio, hostalería ou empresas de servizos de Rodeiro.
A data de entrega dos premios do concurso comunicarase aos/ás interesados/as e publicarase na web do Concello (sede electrónica, paxina de Facebook, etc).
Disposicións finais:
A participación implica a aceptación desta convocatoria e calquera circunstancia non prevista será resolta pola organización.
O Concello informa que os datos de carácter persoal que sexan facilitados serán obxecto de tratamento nos nosos ficheiros, coa finalidade de xestionar a participación no concurso, comunicar a condición de gañadores e entregar os premios correspondentes. Os datos do nome, apelidos e a dirección onde a decoración está instalada poderán ser publicados tanto nas páxinas web do organizador, como en calquera outro medio de comunicación electrónico ou convencional. A participación no concurso supón a plena aceptación do tratamento e cesión dos datos persoais e do uso das fotografías proporcionadas, nos termos expostos nesta convocatoria.
Coa participación no neste concurso autorízase ao Concello de Rodeiro ao uso de forma gratuíta da imaxe por tempo ilimitado.