Skip to main content
Novas

Comerciogalicia.es, unha plataforma de comercio electrónico

By 22 Xuño, 2012No Comments

“O noso comerciante suma outro espazo físico onde poñer os seus produtos a venda as 24h do día, coa mínima inversión e o menor esforzo”.
A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Rodeiro, celebrará o vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:30h, no Centro Cultural Manuel Lamazares de Rodeiro, una xornada informativa para presentar o portal de comercio electrónico Comerciogalicia.es, o portal do comercio galego.
Unha iniciativa que arranca como medio para dotar ao sector dunha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestes tempos de crises.
Asistiran o acto o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e a directora xeral de Comercio, Nava Castro.
Un escaparate conxunto para o pequeno comercio galego en beneficio dás empresas que lle suporá unha nova vía para incrementar as vendas e para os consumidores que poderán adquirir “os produtos de sempre” que oferta o comercio de proximidade. Non só para o empresario, senón que tamén resulta un portal atractivo para o consumidor, xa que nun mesmo espazo poderá atopar comercios de todos os sectores e realizar compras multi-tendas sen incrementar portes, información completa dous produtos a mercar. Podendo mercar dende calquera sitio do mundo.
Unha aposta pola dinamización e modernización do comercio de proximidade. Esta nova plataforma que acaba de comezar a andar permite que os establecementos combinen a súa actividade comercial tradicional coa venda na rede, podendo abrirse a novos mercados, conseguir novos clientes e ofrecer novos e mellores servizos a todas as persoas que xa confían neles no día a día. Unha mellora na competitividade para ofrecer produtos que se están comercializando en establecementos a pé de rúa, a un público máis amplo.

Comerciogalicia.es, unha plataforma de comercio electrónico, segura e de calidade, na que Federación Galega de Comercio e Xunta de Galicia buscan a excelencia apoiándose dos mellores profesionais.

Leave a Reply