Skip to main content
Novas

Programa diurno de carácter lúdico de balnearios 2012

By 22 Xuño, 2012No Comments

Este programa nace da colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e os concellos colaboradores co mesmo da provincia de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas da mesma semana ( de luns a venres) nun Balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das súas instalacións durante dúas horas e regresando á súa casa no mesmo día.
Un autobús recollerá as persoas do concello, trasladándoas ao Balneario escollido, onde permanecerán disfrutando das instalacións de balnearios, talasos ou spas elexidos; ó final da actividade, o mesmo autobús levaraos de novo ao punto de saída.

Beneficiarios.

• Persoas de 50 anos ou máis idade.
• Pensionistas.
• As persoas que nas que se estime coma conveniente e favorable a participación no mesmo, entendéndose coma unha situación de respiro familiar.

Destinos e prezos.

Para o bo desenrolo deste programa, fíxose necesaria a implicación económica dende Deputación de Pontevedra, a cal aportará 35 € por persoa e praza, sendo a restante parte abonada pola persoa que disfrute do mesmo, que dependerá do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.

Para maior información e trámite de solicitudes poderán acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ate o día 29 de xuño de 2012.

Leave a Reply