Skip to main content
Novas

A Paz Cuestión de Fondo

By 22 Xuño, 2012No Comments

Dende o 21 de xuño está aberta ao público no Salón de Actos do Centro Cultural Manuel Lamazares a exposición que leva como título “A Paz cuestión de fondo”, o humor contra o racismo, a violencia e a pobreza.
A exposición pertence ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e pode visitarse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h. durante un mes.
As láminas son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes. En clave visual e, nalgúns casos verbal, as caricaturas móstrannos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea é a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

Leave a Reply