Skip to main content
Novas

Charla formativa para a hostalería

By 25 Agosto, 2014No Comments

Continuando coa programación de diferentes actividades de formación para os profesionais que se dedican á hostalería, o Concello de Rodeiro vén de coordinar unha nova xornada froito da colaboración entre a Concellaría de Educación, Comercio, Turismo e Patrimonio do Concello, os hostaleiros do municipio e as empresas de referencia no sector.
“A cata e o servizo da cervexa” é o tema da charla formativa que correrá a conta de Fernando Iglesias Quiroga, responsable de Calidade de Mercados de Hijos de Rivera e tratará sobre as materias primas, o proceso de fabricación e o correcto xeito de servila cervexa, dende a cristalería empregada ata a temperatura e a presentación. A duración estimada é de unha hora e ao seu remate os asistentes poderán poñer en práctica o aprendido cunha cata dirixida a experimentar as técnicas da tiraxe da cervexa de barril.

Actividade: A CATA E O SERVIZO DA CERVEXA
Data: martes, 26 de agosto
Lugar: Restaurante Casa Achacán
Hora: 17.00-19.00

Leave a Reply