O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 25 de agosto de 2014, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día:
1. Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.
2. Dar conta da liquidación do Orzamento Xeral do Concello correspondente ao exercicio de 2013.
3. Aprobación do Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 1/2014 por facturas adebedadas correspondentes a exercicios pechados.
4. Aprobación inicial do Expediente de modificación de créditos núm. 1/2014.
5. Moción do Grupo Municipal Socialista relativa á rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI).
6. Moción do Grupo Municipal do Partido Popular relativa ao apoio á reforma da Lei electoral e a promover a elección directa do alcalde.
7. Rogos e preguntas.