Este programa nace da colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e os concellos colaboradores co mesmo da provincia de Pontevedra.
O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas da mesma semana ( de luns a venres) nun Balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das súas instalacións durante dúas horas e regresando á súa casa no mesmo día.
Un autobús recollerá as persoas do concello, trasladándoas ó balneario escollido, onde permanecerán disfrutando das instalacións de balneario, talaso ou spa elixidos; ó final da actividade, o mesmo autobús levaraos de novo ó punto de saída.
BENEFICIARIOS/AS
- Persoas maiores de 50 anos.
- Pensionistas ou persoas que necesiten un respiro familiar.
DESTINOS E PREZOS
Para o bo desenrolo deste programa, fíxose necesaria a implicación económica entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, os cales aportarán por persoa e praza unha cantidade xa establecida nas bases reguladoras do programa; sendo a restante parte, abonada pola persoa que disfrute do mesmo, oscilando entre 25 e 67 €, dependendo do destino.
Coma destinos ofertados timos:
Balneario Termas de Cuntis, Balneario Illa da Toxa, Palacio da Auga en Mondariz Balneario, Talaso Atlántico de Oia, Talaso Spa de Moaña e Spa Hotel Vía Argentum en Silleda.
Para maior información e trámite de solicitudes poden acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello dende o día 1 ao 30 de abril de 2015.
Máis información pinchando no seguinte enlace: www.depo.es