A concellería de Cultura organiza unha actividade cultural o vindeiro día 15 de maio ás 9:45 horas no centro cultural municipal “Manuel Lamazares”.
Este ano adícaselle ó escritor Francisco Fernández del Riego.
A través dun divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ó tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano.
Para tódolos públicos e entrada gratuíta.