Usuarios/as: serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo.
Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada):
• Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas municipais e dispoñible na web municipal)
• DNI, NIE ou pasaporte dos pais, titores/as ou representantes legais do/da menor e o deste/a se o tivera.
• Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do/a menor para o/a que solicita a praza.
• Xustificación dos ingresos de tódolos membros da unidade familiar, mediante a presentación das declaracións de IRPF do ano 2022 ou no caso de non estar obrigados/as a presentala achegarán certificación de rendementos imputables expedida pola Axencia Tributaria xunto cunha declaración responsable asinada polo/a interesado/a que acredite que non presentou a declaración de IRPF do exercicio de 2022 por non estar obrigado a elo. Excepcionalmente, en caso de non poder contar con esta documentación, solicitarase informe de vulnerabilidade económica dos Servizos Sociais.
• Informe de vida laboral dos membros da unidade familiar maiores de idade.
• Certificado de convivencia, no que ten que figurar o/a menor e polo menos un dos membros da unidade familiar /pai/nai, titor/a ou representantes legais empadroados no Concello de Rodeiro, no caso de que a persoa interesada non autorice á súa consulta ao Concello.
• No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informes do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
• Outros documentos se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables para a baremación: familia numerosa, situación de desemprego, etc.
Para máis información e/ou trámite de solicitudes, prégase contactar co PAI (986791962 – Raquel) .
O prazo para a presentación de solicitudes e documentación necesaria estará aberto dende o vindeiro 5 de xuño ata o 23 de xuño de 2023 (ambos inclusive).
Adxudicación de prazas: o número de prazas ofertadas é de 19 en cada quenda, sendo adxudicadas en función da maior puntuación acadada no proceso de baremación. Si houbese empate de puntuación, priorizarase: en primeiro lugar que ambos proxenitores traballen e, en segundo lugar, a menor renda per cápita da unidade familiar. De existir maior demanda de solicitudes que prazas, as restantes quedarán baremadas e en lista de agarda.