Tras as actuacións de limpeza, conservación e restauración levadas a cabo os últimos anos na Ponte Pedroso, o Concello de Rodeiro ven de realizar unha actuación máis para a súa posta en valor. Esta última actuación consiste na súa sinalización mediante a instalación dunha mesa expositora interpretativa redactada en tres idiomas.
A actuación, que tivo un custe de 3.160,52 €, foi financiada pola Deputación de Pontevedra, mediante as subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022.