O Concello de Rodeiro organiza unha conferencia co gallo de celebrar o Día das Letras Galegas. Terá lugar o vindeiro día 21 de maio ás 12:00 horas no Centro Cultural Municipal. A conferencia será impartida pola escritora Marina Mayoral sobre os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Celebramos así o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, cunha das estudiosas máis recoñecidas sobre a obra de Rosalía. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2013, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Unha vez rematada a conferencia terá lugar a entrega de premios do IV Certame literario e artístico en conmemoración do Día das Letras Galegas.