Póñense en marcha as primeiras xornadas de divulgación do patrimonio e a cultura organizadas conxuntamente pola Concellaría de educación, comercio, turismo e patrimonio e a Concellaría de Cultura, economía e medio rural do Concello de Rodeiro.
Esta iniciativa plantexase en coordinación coa iniciativa “Rodeiro de Tapas” coa finalidade de conxugar esforzos no obxectivo de promover as potencialidades do noso concello e ofrecer alternativas de ocio e culturais aos nosos veciños. A intención é promover o coñecemento do noso patrimonio e divulgalo fóra dos ámbitos estritamente académicos.
As barferencias realizaranse, polo tanto, coincidindo cos sábados nos que tamen se celebre “Rodeiro de Tapas”, unha hora antes do comezo da ruta de tapeo.
A primeira Barferencia tratará sobre A Vila Romana de Porta de Arcos en Outeiro – Fafián , impartida polo arqueólogo Rafael Rodríguez Martínez.
Lugar: Pub Gallaecia
Data: sábado, 18 de maio
Hora: 19.00h