Skip to main content
Novas

Actividades 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres

By 21 Novembro, 2022No Comments

Ao longo desta semana dende a Concellería de Igualdade programamos actividades para a conmemoración do 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Dende o luns 21 de novembro no centro cultural toda a veciñanza pode participar na creación dun mural colectivo que xira arredor da palabra igualdade. Calquera veciño e veciña pode achegarse ata alí e deixar a súa frase, imaxe, etc. que defina o que significa a igualdade para el ou ela.
Ademais, dende este mesmo día están expostos no centro cultural os carteis gañadores das anteriores edicións do Concurso de Carteis Igualitarios. Recordamos que se pode participar no concurso deste ano ata o vindeiro día 24.
Martes 22 actuará para alumnado de infantil e primaria do CPI de Rodeiro a compañía Medievándalos coa obra A Cabaleira.
Sábado 26 2ª sesión do curso de autodefensa persoal para mulleres. Aínda que non se participase na 1ª sesión podédesvos apuntar á deste sábado.
Continuaremos coa campaña de sensibilización a través do reparto de cartelería e bolsas de tea á veciñanza, comercio, etc.
Iluminación de cor morada a fachada da Casa do Concello.
Todas as actividades programadas pretenden, por un lado, visibilizar a grave problemática que segue sendo a violencia contra as mulleres que cada ano deixa decenas de vítimas mortais no noso país e, por outro, pretendemos buscar a reflexión e concienciación como comunidade de que só a través da educación en igualdade e do apoio incondicional con tódolos medios á muller que sofre violencia para que denuncie a súa situación poderemos facer fronte a esta lacra.
Por todo isto animamos a participar nas distintas actividades a toda a veciñanza, tanto menores como maiores de idade, tanto asociacións como empresas, grupos sociais, etc. para de forma conxunta demostrar o noso apoio e recordo ás vítimas.