Skip to main content
Novas

25 de novembro: Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres

By 20 Novembro, 2015No Comments

O vindeiro mércores 25 de novembro terá lugar a presentación dos carteis do V Concurso de Carteis Igualitarios e darase a coñecer o gañador desta edición. A actividade desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” ás 17:00 h.
Recordamos que ata o martes 24 aínda se poden presentar propostas de carteis para o concurso.

A continuación desta actividade, ás 18:00 h., proxectarase unha película de animación para tódolos públicos na que se exemplifican moi ben os roles e estereotipos de xénero e como superalos. O obxectivo da mesma é reflexionar e potenciar a educación en igualdade dende idades temperás como base fundamental para a prevención da violencia de xénero.

Dende o Concello de Rodeiro facemos unha chamada á participación nestas actividades aos nosos veciños e veciñas, esperando moi especialmente a asistencia dos diferentes axentes sociais, membros de asociacións, representantes políticos, etc. para desta forma manifestar de forma conxunta e como comunidade a nosa repulsa contra o maltrato e o apoio unánime ás vítimas.