O vindeiro martes día 14 de maio, en horario de 17 a 21 horas, situarase na Avda. Aviador Gumersindo Areán de Rodeiro a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia. Anímase a todos os veciños potencialmente doadores a doar o seu sangue nun acto de solidariedade que contribúe de xeito decisivo á cura de enfermidades e mesmo a salvar vidas, paliando por outra banda a escaseza das reservas existentes deste ben tan prezado.