Skip to main content
Novas

Día das Letras Galegas 2019. Iseo Moura presenta “Antón Fraguas no bosque da moura”

By 9 Maio, 2019Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Iseo a moura o vindeiro xoves 16 de maio ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Iseo a moura presenta o seu espectáculo “Antón Fraguas no Bosque da Moura”. Este día está adicado ao escritor e historiador Antón Fraguas, un home ben interesante que dedicou a súa vida a coñecer os lugares e as historias dos que viviron antes ca nós. A Moura e Antón atópanse no bosque e van xuntos a través da cova do tempo a eses lugares. Se nos acompañades coñeceredes de primeira man esas historias…

Esta actuación está destinada principalmente a un público infantil.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.