A Consellería do Medio Rural ven de achegar o modelo de solicitude para o tratamento contra o cancro do castiñeiro.
De acordo coa comunicación realizada pola dita Consellería as solicitudes deberán dirixirse ao correo electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.es
Ou ao teléfono: 981. 54.60.51 / 881.99.72.10
Co obxecto de mellorar a eficiencia dos tratamentos, nas solicitudes deberá constar necesariamente a seguinte información:
- Datos de contacto do solicitante (nome, apelidos, DNI e teléfono).
- Datos da parcela para a que se solicita o tratamento (provincia, concello, polígono e parcela).
Achegamos dous enlaces relativos ás características desta enfermidade do castiñeiro que poden resultar de interese:
http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/11_J_PEDRO_MANSILLA.pdf
http://www.efa-dip.org/es/Publicaciones/ftecnicas/Ficha38_1.htm?orden=tipo