O vindeiro mércores día 15 de xullo, en horario de 16:30 a 21:00 horas, situarase na Avda. Aviador Gumersindo Areán de Rodeiro a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia. Anímase a todos os veciños potencialmente doadores a doar o seu sangue nun acto de solidariedade que contribúe de xeito decisivo á cura de enfermidades e mesmo a salvar vidas, paliando por outra banda a escaseza das reservas existentes deste ben tan prezado, que se fai máis patente e perentoria nesta época estival na que acostuma a diminuír a porcentaxe de doazóns e, pola contra, aumenta o número de accidentes e de necesidades cirúrxicas.