O Concello de Rodeiro organiza unha actuación do grupo A Cova das Letras o vindeiro venres 17 de xullo ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. O espectáculo leva por título “O circo dos contos”. A actriz silledense Cristina Collazo fundou a Cova das Letras, nome co que bautizou a casa da súa avoa para realizar actividades teatrais.
Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2015, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.