A concelleira de Servizos Sociais, Ana Belén Calvo Mariño, recibiu esta mañá no Concello a Medhi, o menor saharaui que por segundo ano consecutivo participa no programa Vacacións en Paz , acompañado da familia acolledora, de técnicos de servizos sociais e do delegado na zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Pablo Romeo.