Skip to main content
Novas

Campamentos de verán polideportivos “Príncipe Felipe”. Ano 2015

By 6 Marzo, 2015Marzo 31st, 2015No Comments

A Deputación de Pontevedra oferta, novamente, os Campamentos Polideportivos “Príncipe Felipe”, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces/as que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes ao aire libre, xogos e calquera outra que contribúa a ese obxectivo. As datas nas que se desenvolverán son as seguintes:

  • Primeira quenda: do 6 ao 11 de xullo
  • Segunda quenda: do 13 ao 18 de xullo
  • Terceira quenda: do 20 ao 25 de xullo
  • Cuarta quenda: do 3 ao 8 de agosto
  • Quinta quenda: do 10 ao 15 de agosto
  • Sexta quenda: do 17 ao 22 de agostoEntre as actividades que se realizarán están saídas: ao medio natural, tiro con arco, parque multiaventura, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros…

Estes campamentos diríxense a rapazas e rapaces nacidos entre os anos 2001 e 2008, ambos os dous incluídos.

O prezo da actividade é de 125 € por neno/a. O lugar de realización serán as instalacións do Centro Príncipe Felipe en Pontevedra.

Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar antes do vindeiro 1 de abril de 2015.

Ligazóns recomendadas