Skip to main content
Novas

Campamentos de verán: A Lanzada 2015

By 6 Marzo, 2015Marzo 31st, 2015No Comments

Coma en anos anteriores, a Deputación de Pontevedra abre o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán que se celebrarán no centro de vacacións de A Lanzada, destinados a aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2002 e 2007 e que residan nalgún concello da Provincia de Pontevedra.

Os campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada son un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, artísticas, deportes, contacontos e xogos, entre outras.

As quendas ofertadas este ano son as seguintes:

  • 1ª- Do 21 ao 27 de xuño
  • 2ª- Do 28 de xuño ao 4 de xullo
  • 3ª- Do 5 ao 11 de xullo
  • 4ª– Do 12 ao 18 de xullo
  • 5ª– Do 19 ao 25 de xullo
  • 6ª– Do 26 de xullo ao 1 de agosto
  • 7ª– Do 2 ao 8 de agosto
  • 8ª– Do 9 ao 15 de agosto
  • 9ª– Do 16 ao 22 de agosto
  • 10ª– Do 23 ao 29 de agosto
  • 11– Do 30 de agosto ao 5 de setembro

O prezo desta actividade é de 83,60 €. por neno/a e o Concello de Rodeiro ten adxudicadas 10 prazas para os rapaces e rapazas que desexen acudir.

Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar antes do vindeiro 1 de Abril de 2015.

Ligazóns recomendadas